Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
I Foro Transrexional de Responsabilidade Social Empresarial

Último día para inscribirse no I FORO TRANSREXIONAL DE RSE que terá lugar o 29 de novembro en Santiago de Compostela

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/11/13 (10:08)

Remata o prazo para inscribirse no I Foro Transrexional de RSE en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 2013. Pinche aquí para inscribirse antes do mércores 27 de novembro.

O I Foro Transrexional de Responsabilidade Social Empresarial será o punto de encontro de todas as empresas e administracións interesadas e con compromiso activo na responsabilidade social empresarial.

O foro permitirá a posta en común da situación actual da RSE, novas ideas de iniciativas, experiencias e problemáticas.

Será, ademais, un contexto para reforzar e fomentar a incorporación da RSE nas prácticas habituais das pemes, facenco fincapé na temática. Así mesmo, exporanse as bondades e boas prácticas alcanzadas nas fases da Rede Transrexional de Impulso da RSE.

Obxectivos:
Xerais

  • Promover a RSE como unha aliada dun futuro sustentable e mellorar a competitividade empresarial
  • Visualizar os esforzos e avances levados a cabo por administracións e pemes na súa aposta pola RSE.
  • Contar cunha visión global da RSE nos distintos marcos xeográficos.

Específicos

  • Construír e definir os argumentos decisivos para dar o salto cara á RSE por parte das pemes.
  • Crear un punto de encontro para o debate e o intercambio de experiencias.
  • Fomentar a definición de novas vías de promoción da RSE por parte das AAPP.
  • Poñer en valor as actuacións levadas a cabo no marco do proxecto Rede Transrexional de Impulso da RSE.

Persoas destinatarias: Os principais destinatarios do Foro serán as pemes, entidades e administracións promotoras e/ou interesadas na RSE.

Tema: Xeral
Fonte: Rede Transrexional de Impulso da Responsabilidade Social Empresarial
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal