Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
e-Health Sensor Platform

Dispositivo para a telemedición a nivel doméstico de parámetros médicos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/11/13 (08:53)

Dous enxeñeiros da Universidade de Zaragoza, Luis Martín e Ahmad Saad crearon un dispositivo, denominado e-Health Sensor Platform, que permite coñecer os parámetros básicos do estado dunha persoa, xa que un mesmo equipo incorpora as funcións de termómetro, o tensiómetro e o medidor de glicosa, etc. e enviar os resultados directamente ao seu médico a través de internet.


A idea xurdiu a raíz dun período de prácticas realizado na empresa Libelium (Zaragoza), e grazas a iso poderíase mellorar notablemente a atención de pacientes, que non terían que desprazarse dos seus fogares para a realización ou toda de medidas básicas.


O proxecto comezou a desenvolverse hai ano e medio e xa conseguiu ser semifinalista do James Dyson Award, un premio internacional que recoñece os mellores deseños realizados por mozos.


Na fase nacional, foi un dos 10 proxectos elixidos entre os 700 presentados, e a nivel internacional chegaron ata as semifinais e o seu proxecto está considerado como un dos 20 mellores proxectos de 2013.


Primeiros clientes e primeiras unidades.


Neste momento, universidades de todo o mundo e estudantes que realizan o proxecto fin de carreira son os seus principais clientes, xa que o produto permite realizar as probas que necesitan nos seus estudos sen necesidade de acudir a un hospital.Estos clientes serven para coñecer os fallos do invento e introducir melloras. "O noso produto non é bonito, ten moitos cables, pero visto o balbordo que se armou teremos que rematalo, asegura Martín.


O equipos está formado por unha placa e os 10 sensores, do cal xa se fabricaron e vendido 100 unidades, cun prezo unitario de 450€. 

Tema: Xeral
Fonte: ingenieros.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal