Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Presentación do estudo "Acceso e uso das TIC polas persoas con discapacidade"

As TIC incrementan as posibilidades laborais das persoas con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 14/11/13 (08:35)

O 100% das persoas con discapacidade visual, auditiva e de mobilidade que foron enquisadas no estudo "Acceso e uso das TIC polas persoas con discapacidade", consideran que a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación ao traballo aumentou as súas posibilidades laborais. Esta é unha das conclusións que se desprenden do estudo realizado pola Fundación Vodafone, que presentaron o seu presidente, Francisco Román, e o secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Juan Manuel Moreno Bonilla.


O obxectivo deste estudo é proporcionar maior coñecemento e contribuír á sensibilización da sociedade sobre as posibilidades que as TIC ofrecen ás persoas con discapacidade, para mellorar o seu benestar e o seu índice de inserción laboral.


O director xeral de Red.es, César Miralles, asistiu á presentación da publicación como patrón da Fundación Vodafone. Esta entidade pública, así mesmo, traballa intensamente para reducir o risco de exclusión dixital deste colectivo, interese que queda patente nas actuacións da entidade e nas liñas establecidas polo Plan de Inclusión Dixital e Empleabilidad, da Axenda Dixital para España.


Entre as conclusións máis importantes que baralla este estudo destaca o potencial que posúe Internet para as persoas con discapacidade, malia que hoxe en día só un 32,9% dos enquisados utiliza esta ferramenta na súa vida diaria. Esta cifra aumenta, non obstante, ao analizar o uso de Internet por parte de persoas con discapacidadeauditiva, ata chegar ao 61,8%. Este colectivo é tamén o que máis participa en redes sociais (56,1%).


Tamén se detecta unha universalización do uso do teléfono móbil en todos os colectivos, sendo un medio utilizado polo 92% dos enquisados. A maioría deles considera que a accesibilidade dos dispositivos e as aplicacións é unha ferramenta imprescindible para mellorar a súa calidade de vida e autonomía persoal. 

Tema: Xeral
Fonte: Red.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal