Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

A iniciativa Miradas de muller celebra este xoves en Santiago un taller formativo sobre fotografía dixital


  • Será impartido polo director da “Escuela de Fotografía Centro de Imagen” EFTI, escola nacional de fotografía formada por profesionais de prestixio

  • Será ás 17:00 horas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

  • Os interesados en inscribirse poden enviar un correo electrónico a oficinacemit@xunta.es

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/11/13 (14:42)

O vindeiro xoves, 14 de novembro, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia o III Taller formativo do proxecto Miradas de Muller da Rede CeMIT, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec e a Escola de Fotografía EFTI.


Miradas de Muller é unha iniciativa dirixida a mulleres desempregadas interesadas no autoemprego e o emprendemento a través da fotografía dixital. O proxecto, que comezou en xaneiro, conta na actualidade con máis de 360 participantes, que continúan a súa formación a través da plataforma formativa online www.miradasdemujer.com.


Como parte da súa formación, este xoves 14 de novembro, celebrase o III Taller de Miradas de Muller, o primeiro deles que se realizará de xeito presencial. Estará impartido polo director da “Escuela de Fotografía Centro de Imagen” EFTI, a escola profesional de fotografía máis importante de España.


O Taller ofrece a oportunidade de coñecer de primeira man como traballan os fotógrafos profesionais de prestixio que forman parte de esta escola. Nel formarase na realización paso a paso dunha fotografía de xeito profesional, preparando a temática da foto e planificando a súa toma, ademais explicaranse os aspectos máis relevantes para obter unha foto de calidade e resolveranse todas as dúbidas que as asistentes formulen.


Posteriormente a este Taller, as asistentes poderán participar no Concurso Nacional de fotografía do proxecto que se desenvolverá a través da plataforma de Miradas de Muller.


Os interesados en inscribirse poden mandar un correo electrónico a: oficinacemit@xunta.es.


Para máis información www.cemit.xunta.es.


Máis de 6.000 Miradas de Muller


A iniciativa Miradas de Muller é un proxecto desenvolto pola Rede CeMIT da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Fundetec, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, a Secretaría Xeral da Igualdade e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE


Tras un primer itinerario formativo, que se desenvolveu en 34 aulas CeMIT durante o mes de febreiro, as usuarias teñen acceso a unha plataforma web (www.miradasdemujer.com) no que publican as súas obras para amosar o seu traballo e intercambiar experiencias con outras participantes. A día de hoxe as participantes compartiron máis de 5.900 fotografías e 290 albumes neste espazo, que conta con 427 seguidores en Facebook.


Neste espazo, ademais de formarse, as usuarias resolven as súas dúbidas, son asesoradas e teñen un espazo onde compartir as súas creacións.


Este espazo online conta tamén cun catálogo dixital de servizos de autoemprego no que as usuarias poderán publicar los servizos fotográficos que ofrecen e os clientes potenciais poderán expoñer as súas necesidades.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal