Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos

A Amtega expón as iniciativas do Programa de voluntariado dixital da Xunta no Seminario europeo Grundvitg


  • O foro, que se celebra en Santiago de Compostela, reúne a 27 representantes de oito entidades de voluntariado europeas para o intercambio de experiencias, métodos de xestión e boas prácticas

  • No encontro intervirán tamén Cogami e a empresa R, exemplos de prácticas de éxito de entidades participantes no Programa Voluntariado Dixital autonómico

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/11/13 (08:13)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) participa no seminario Grundtvig, unha iniciativa do proxecto “Servizos para voluntarios europeos, SERVE”, integrado por entidades europeas de voluntariado, que se celebra en Santiago de Compostela, organizada pola Escola Galega de Consumo, un dos socios do proxecto.


Grundtvig é un foro para o intercambio e a aprendizaxe no que participan 27 representantes de oito entidades de voluntariado europeas, que expoñen as súas experiencias, prácticas e métodos de xestión no ámbito de voluntariado, o que contribúe a un maior coñecemento de boas prácticas de voluntariado europeo e do seu ámbito social e económico de interese.


O seminario reúne en Santiago a representantes de programas de voluntariado europeos de Hungría, (voluntariado museos), Noruega (voluntariado dende os concellos), Eslovaquia (formación voluntarios), Polonia (formación e estudos de voluntariado), Turquía (voluntariado cultural e deportivo), República Checa (voluntariado nenos) e Irlanda (voluntariado sénior).


Seminario temático


No encontro de onte, Amtega explicou aos asistentes as iniciativas do Programa de Voluntariado Dixital, o modelo de xestión do programa e os obxectivos e fitos do proxecto dende a súa posta en marcha en xaneiro de 2012.


Así mesmo, amosáronse dous exemplos de boas prácticas de éxito de entidades participantes no Programa, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade(COGAMI) e a empresa R.


Contouse coa participación de voluntarios dixitais do Centro Ocupacional de Novas Tecnoloxías de Fingoi - Centro de Recursos de Persoas con Discapacidade - COGAMI Lugo. Dende o punto de vista de voluntariado corporativo, a empresa R, mecenas dixital do programa, explicou o proxecto Educa R, onde empregados de dita empresa, participaron no 2013 formando a pais, nais e profesores no ámbito de seguridade na rede, en seis colexios públicos de Galicia.


Nesta mesma xornada a Escola Galega de Consumo presentará o seu programa formativo a voluntarios e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado analizará cos participante do seminario o conxunto de programas de voluntariado que se lideran dende a Administración galega.


Programa europeo Grundtvig


O programa sectorial Grundtvig ten como meta mellorar a calidade e a dimensión europea da educación de adultos nun sentido amplo, incluíndo a ensinanza formal, a non formal e a ensinanza informal, incluído o autoaprendizaxe.


O proxecto enmárcase na programa europeo SERVE, e confórmase como unha asociación de aprendizaxe, que constitúe un marco para realizar actividades de cooperación a pequena escala entre organizacións que traballan no ámbito da educación de persoas adultas.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal