A Universidade de Vigo segue adiante impulsando segundas e mesmo terceiras vidas posíbeis para os equipos informáticos sobre o papel obsoletos da comunidade educativa e da contorna xeográfica da cidade coa actividade de reciclaxe e aposta polo software libre que levaba a cabo o Grupo de Reciclaxe Informática da UVigo.
Agora, a Área de Voluntariado vén de publicar unha convocatoria que ten por obxecto a doazón de material informático en desuso da Universidade de Vigo para asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro. Todos estes equipos incluirán programas abertos e veñen acompañados de labores de instalación e asesoramento no seu uso.
A convocatoria está aberta a asociacións e outras entidades sen arela de lucro, que teñan sede en Pontevedra ou Ourense (o ámbito dos tres campus da UVigo), que poderán presentar a súa solicitude ata o 29 de novembro de 2013. Nas bases prégase que para un mellor aproveitamento dos recursos, os interesados deberán dicir cales son as súas necesidades específicas, a finalidade dos computadores a empregar e o tipo de aparello que se precisa.
Rexístrate como: