A evolución da tecnoloxía nos últimos anos pasou de ser un elemento profesional de traballo, en calquera área (o sanitario entre elas), a converterse nun elemento cotián na vida de calquera cidadán, e practicamente para calquera actividade. Tamén esta mesma evolución tivo a capacidade de poder ir incorporándose como ferramenta de compañía, rehabilitación ou apoio á vida diaria dunha parte da poboación que, en determinadas circunstancias, se encontraba cunha clara imposibilidade de utilizar as tecnoloxías tal como se as encontraba. Nesta situación encontrábanse as persoas con dano cerebral.
Hoxe en día, foron aparecendo solucións baseadas nas tecnoloxías para múltiples ámbitos e situacións das persoas con dano cerebral. A iso contribuíu, en boa medida, a incorporación á tecnoloxía centrada no usuario, de distintas solucións multiplataformas, sistemas de interactuación sen cables e xestuais, ou o cambio nas formas de utilización das TIC's, mediante a tecnoloxía en mobilidade, principalmente cos teléfonos intelixentes.
Nesta mesa un grupo de expertos con ampla experiencia en dano cerebral, móstrannos e falan de solucións e recursos tecnolóxicos aplicados ao dano cerebral.
Podes consultar os relatores na web de CENTAC ou seguir a mesa en directo o próximo 5 de novembro ás 10 h. a través de Mesa redonda: "Solucioóns tecnolóxicas para dano cerebral"
Rexístrate como: