Fairtags é unha iniciativa para axudar a difundir campañas solidarias desenvolvida por Wonference, unha plataforma online que facilita a organización de congresos e xornadas.
Fairtags é unha forma doada de axudar a promover campañas solidarias de diferentes organizacións, aproveitando o impacto e repercusión que teñen moitos eventos e congresos. Un simple click que pode ser de grande axuda.
A idea é moi simple e non é nova. Consiste en aproveitar o grande impacto e repercusión que ten algúns eventos nas redes sociais, para acompañar o seu hashtag oficial cunha fairtag; é dicir un enlace á campaña solidaria escollida.
Dende fairtags.org proponse a organizadores de eventos e congresos que apadriñen unha campaña e fagan difusión a través das súas redes, á vez que impliquen os participantes tamén a sumarse a esta difusión. Así se consegue unha viralidad e difusión maior que a que podería conseguir a ONG polos seus propios medios.
A partir da alta concentración de tuits que se xera entorno á etiqueta dun congreso ou evento (que nalgúns casos chega a ser trending topic nese país), aprovéitase esa repercusión para engadir un enlace a campañas solidarias e axudar a institucións, ONGs e outras organizacións a difundir as súas mensaxes.
Na portada de fairtags.org móstranse as diferentes campañas activas que calquera persoa pode compartir directamente nas redes sociais a través dun link específico que engade unha barra superior para facilitar que se siga compartindo.
Tamén se ofrece un widget para que quen queira poida inserilo na súa web ou blog e axudar así a difundir tamén a campaña entre os seus lectores.
Rexístrate como: