O Centro Demostrador TIC acollerá o vindeiro 6 de novembro en horario de 12:00 a 14:00h a sesión demostradora “SinergiaCRM: xestión das relacións coa base social para entidades sen ánimo de lucro” organizada pola Asociación Sinergia TIC co obxectivo de amosar aos responsables das entidades galegas do Terceiro Sector unha ferramenta desenvolvida por parte do propio sector asociativo para xestionar de forma eficiente, integral e estratéxica as relacións coa súa base social extendida: soci@s, doantes, voluntariado, institucións, financiadores, medios de comunicación, empresas, etc..
A sesión demostradora realizarase presencialmente nas instalacións do CDTIC en Santiago de Compostela, no entanto se está interesado en participar neste seminario e non pode desprazarse a Santiago, pode acudir á súa aula CeMIT máis cercana (http://cemit.xunta.es/) e solicitar a súa participación vía videoconferencia.
A sesión vai dirixida ao persoal técnico e directivo de ONG, empresas sociais e iniciativas sociais en xeral. Pode ampliar a información sobre a actividade na seguinte ligazón: http://cdtic.xunta.es/SinergiaCRM
Rexístrate como: