UEIA, a primeira aceleradora europea de emprendimiento social de base tecnolóxica, abre a II Edición de UEIA ACCELERATOR. O obxectivo desta convocatoria é invitar a emprendedores e organizacións sociais a participar no proceso de traballo, formación, networking, asesoría e mentoring que ofrece UEIA Accelerator nos ámbitos social, tecnolóxico e empresarial co fin de favorecer a aceleración dos seus proxectos.
Se o teu proxecto social ten base tecnolóxica e impacto social e é autosostible, enche o formulario dispoñible en www.ueia.com. A inscrición deberá realizarse entre o 1 de Outubro e o 3 de Novembro de 2013. Para máis información sobre este proceso, recomendámosche que leas as Bases Convocatoria. Se aínda así tes dúbidas, escríbenos a dejatuueia@ueia.com
Proxectos sostibles con impacto social
Tras o éxito da pasada edición de UEIA Accelerator, da cal xurdiron proxectos con grande impacto social e unha prometedora sostibilidade, estamos moi ilusionados con esta nova edición. A sociedade necesita de emprendedores sociais que axuden a paliar os graves problemas aos que nos enfrontamos por medio de modelos de negocio sostibles que creen impacto social a longo prazo. UEIA Accelerator está pensado para apoiar estes emprendedores no difícil labor que teñen ante si, tanto no ámbito empresarial como no social. Por medio da colaboración de grandes profesionais de todos os ámbitos que nos apoian e constitúen a nosa Comunidade UEIA, podemos facer realidade os proxectos sociais comprometidos cos problemas da nosa sociedade", afirma Pablo Almunia, un dos fundadores de UEIA.
Podes consultar os proxectos acelerados por UEIA na súa 1ª edición en www.ueia.com
Rexístrate como: