Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Paciente monitorizado

Un programa para telemonitorizar a enfermos crónicos, premiado en Lisboa

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/10/13 (08:23)

Un artigo do Grupo de Investigación de Telemedicina e eSalud da UVa que propón unha nova programación utilizada para telemonitorizar tanto os pacientes de enfermidades crónicas coma os deportistas que realizan grandes esforzos (especialmente de elite) recibiu o premio ao "Best Paper" no 15th International Conference on L-Health Networking. Application &Services (IEEE Healthcom 2013), referente internacional no campo da telemedicina e a eSalud, que se celebrou en Lisboa do 9 ao 12 de outubro.


A comunicación premiada propón unha nova programación asíncrona en redes de sensores corporais inarámicos (WBSN, Wireless Body Sensors Networks) e este tipo de redes son esenciais para controlar aos enfermos crónicos e as probas o esforzo de deportistas. A información que se obtén destes pacientes faise a través dunhas camisetas ás que se lles incorpora uns sensores que obteñen información sobre as súas constantes vitais (tensión, pulsacións, electrocardiograma., etc).


Esta información é enviada de xeito inarámico (3 GR ou Wifi) ao centro de operacións dos hospitais ou servizos sanitarios onde se instale, onde se procesa, co que se pode obter información actualizada da situación do paciente, segundo a información da Institución académica recollida por DiCYT.


Este proxecto é o froito dunha colaboración entre as universidades de Shangai (China), Beira (Portugal) e Valladolid, no que participaron o catedrático de Teoría do Sinal, Miguel López-Coronado, e a profesora Isabel de la Torre Díez, membros do Grupo de Investigación, que se encarga especialmente da parte telemática do proxecto.


O traballo habitual deste grupo céntrase principalmente no desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles, tanto con terminais smartphones, como sensores ou calquera outro terminal que non necesite estar conectado a un ordenador persoal. Un exemplo destas aplicacións desenvolvidas polo grupo son as páxinas web dedicadas a concienciar e alertar sobre unha determinada enfermidade como CardioRisk, Alert_Alert, Colorectal Cancer Alert ou Alzhe_Alert, ademais da páxina Psiconet para a comunicación entre profesionais da saúde e usuarios 

Tema: Xeral
Fonte: DICYT
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal