#ASPACEnet, el programa de novas tecnoloxías accesibles de Confederación ASPACE e Fundación Vodafone España (www.aspacenet.org), iniciou un ambicioso proxecto para, a través dunha aplicación informática para dispositivos móbiles, poder facer accesibles ás persoas con parálise cerebral as aplicacións do sistema operativo Android relacionadas coa comunicación, como WhatsApp, Facebook, Twitter, Skype ou SMS.
Esta aplicación, da que xa existe un prototipo, estará lista para o verán de 2014, será gratuíta e, o máis importante para o colectivo da parálise cerebral, estará desenvolvida en software libre para que calquera persoa ou empresa poida desenvolver adaptacións que atendan as necesidades concretas de cada persoa ou para crear novas funcionalidades para adaptar todas as aplicacións que diariamente ven a luz e que non son accesibles.
A aplicación permite introducir texto no dispositivo móbil dun xeito accesible, ben sexa a través de voz, de teclados adaptados (con pictogramas, con teclas dun maior tamaño, etc.) ou de teclados virtuais activados con botóns externos. Unha vez superada a barreira que supón para a parálise cerebral utilizar un teclado táctil, a aplicación tamén permite decidir que se desexa facer con ese texto: envialo a un contacto por WhatsApp ou por SMS, publicalo en redes sociais ou gardar unha nota ou un recordatorio, accións imposibles de realizar polas persoas con parálise cerebral ao non poden usar pantallas táctiles ou teclados pequenos.
Así mesmo, a aplicación tamén permite que eses textos introducidos poidan ser lidos polo propio dispositivo móbil a través dun sistema de voz, o que permite a persoas con parálise cerebral sen fala comunicarse con persoas sen discapacidade, rompendo así unha barreira comunicativa que dificulta a súa inclusión.
No desenvolvemento desta aplicación, que está a levar a cabo Confederación ASPACE e Fundación Vodafone España, participan 30 persoas con parálise cerebral procedentes de 18 entidades ASPACE de todo o país.
La aplicación fue presentada el pasado domingo 13 de octubre durante la clausura de las jornada de celebración del Día Mundial de la Parálisis Cerebral, donde Jaume Marí, presidente de Confederación ASPACE, agradeció la colaboración de Fundación Vodafone España a la hora de hacer accesibles las nuevas tecnologías, “pues su implicación va mucho más allá de financiar este importante proyecto”. Por su parte, Santiago Moreno, Director General de Fundación Vodafone España, expresó “el orgullo que supone para fundación “trabajar para encontrar soluciones reales para las personas con parálisis cerebral y, mientras esto se logre”, se comprometió, “estaremos con #ASPACEnet”.
Rexístrate como: