Santiago,
23/10/13 (08:43)
Vía Libre organiza unhas xornadas para presentarvos as últimas novidades nos campos da Comunicación Aumentativa, Acceso ao Ordenador, e Estimulación Sensorial.
As xornadas serán totalmente gratuítas, estando unicamente limitadas polo aforamento dos lugares onde se van realizar, polo que vos recomendamos que vos deades présa en inscribirvos para non volas perder. Inscribirse aquí
Unha das devanditas xornadas terá lugar na Coruña o próximo 4 de novembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas.
Dentro dos contidos das xornadas podemos destacar a presentación de:
- Makey Makey.Dispositivo que permite converter calquera obxecto nun interruptor para realizar as funcións do rato ou do teclado, co que ademais se pode participar en actividades divertidas e integradoras.
- AnyBook. Poderás etiquetar calquera obxecto, e con só achegar o lapis, lerao.
- Accent. O último en comunicadores dinámicos. Unha gama que permite a comunicación dende os seus niveis máis básicos ata as necesidades máis complexas de comunicación, integrando ademais o ordenador no mesmo dispositivo.
- Interacción nas salas de estimulación sensorial. Novas formas de interactuar nas salas de estimulación sensorial máis activas e cunha maior retroalimentación.
Tema: Xeral
Fonte:
Vía Libre