Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Reloxo Filip

Filip, o reloxo que mantén pais e fillos conectados

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/10/13 (09:41)

A maioría dos pais non queren que os seus fillos teñan teléfono móbil ata a adolescencia. A solución a este problema foi a creación dun dispositivo sinxelo que os nenos de idades comprendidas entre 4 e 11 anos poidan levar no seu pulso.


Filip é un reloxo dixital que permite que os pais localicen aos seus fillos por medio de GPS e triangulación de Wi-Fi e torres móbiles.


Para utilizar Filip abonda con descargar unha aplicación no seu dispositivo Android ou iOS, crear unha nova conta e conectarse a Filip. Unha vez feito isto, poderá estar conectado cos seus fillos en calquera momento.


O reloxo intelixente ten varias funcións, entre as cales ten a posibilidade de programar cinco números de teléfonos aos cales poderá chamar o neno. Calquera deses cinco números autorizados poden chamar ao neno, ademais de ver a situación exacta no mapa. Para os pais con varios fillos pode crear un perfil sinxelo para cada neno con este dispositivo na aplicación.


Ademais de chamar ou mandar mensaxes de texto, os pais poderán establecer unha zona de seguridade, recibindo unha notificación cando o neno está na zona de seguridade indicada ou se o neno deixa a zona segura.


O dispositivo inclúe dous botóns, un da mesma cor do reloxo e outro de cor vermella para as emerxencias.


Filip estará dispoñible en catro cores diferentes: vermello, amarelo, azul e verde, e comezarase a vender nos próximos meses 

Tema: Xeral
Fonte: europapress.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal