Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Lalín sin Violencia

O Concello de Lalín II Concurso de Tuits contra a violencia de xénero

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 09/10/13 (10:11)

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade, convoca o II concurso de tuits que ten por finalidade incrementar a concienciación e sensibilidade da sociedade ante esta gran lacra social.


Tuits contra a violencia de xénero son mensaxes, lemas ou expresións de repulsa contra a violencia de xénero que se realizan a través da rede social twitter e a súa extensión máxima é de 140 caracteres.


Bases de Participación


1. Poderán participar todas as persoas que así o desexen. Cada persoa poderá envíar un máximo de tres tuits.


2. Os tuits que participen no concurso deberán incluír o hastag #lalinsenviolencia e facer mención a @eigualdad e un duplicado a @ConcellodeLalin


A identificación persoal da autoría do tuit realizarase unha vez emitida a resolución do xurado. A persoa seleccionada deberá responder no prazo de 48 horas ao contacto da Oficina de Igualdade.


Se transcorrido ese tempo non houbese resposta entenderase que renuncia aos seus dereitos.


3. As persoas que presenten os seus tuits ao concurso serán responsables da orixinalidade e autoría dos mesmos.


A Oficina de Igualdade do Concello de Lalín resérvase o dereito de publicar e difundir os traballos presentados, fosen premiados, ou non.


4. A presentación dos tuits poderá realizarse desde o día da publicación destas bases na páxina web do Concello de Lalín www.lalin.org até o mércores 13 de novembro de 2013.


5. A Oficina de Igualdade nomeará un Xurado integrado por cinco persoas, que será o encargado de avaliar os tuits presentados.


As persoas que formen parte do Xurado terán experiencia en temas relacionados coa violencia de xénero, a igualdade entre mulleres e homes e o uso das TICs.


Procurarase que exista unha presenza equilibrada de homes e mulleres no xurado.


6. Os criterios de valoración para elixir á persoa gañadora serán: o contido e tratamento do tema, a orixinalidade e a capacidade de impacto da mensaxe.


7. O xurado emitirá o fallo antes do día 22 de novembro, que se fará público na páxina web do Concello de Lalín e en twitter, e no que designará o mellor tuit e os finalistas.


8. O premio para a persoa gañadora consistirá nunha Tablet Android 10”.


Tamén se outorgará un diploma acreditativo ás cinco persoas finalistas. A persoa gañadora recibirá, se é posible, o seu premio nun acto público.


O premio poderá ser declarado deserto e o fallo do xurado será inapelable.


9. A presentación dun tuit á presente convocatoria supón a aceptación plena das presentes bases. Calquera circunstancia non contemplada nas mesmas, será resolta polo xurado con carácter inapelable.

Tema: Xeral
Fonte: Concello de Lalín
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal