Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
USC Responsable

A USC presenta unha nova web para facer máis comunidade arredor da responsabilidade social

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 08/10/13 (09:43)

A Universidade de Santiago presentou este mércores nunha nova web. A posta en longo do novo espazo en liña inseriuse á súa vez noutra presentación, celebrada este día 2 na Casa do Saber de Lugo: a da Memoria de Responsabilidade da USC relativa ao ano 2012 e que se desenvolve baixo o lema O futuro pasa pola Universidade, sendo un dos seus grandes obxectivos o "ratificar" as políticas de intervención social e transparencia levadas a cabo nos últimos anos pola institución educativa. Pois ben, no marco deste acto (que por vez primeira se celebra en Lugo e que contou coa presenza de Juan Casares, reitor da USC), deuse a coñecer o espazo web USC Responsable.


Trátase dunha nova aplicación específica sobre compromiso social, accesíbel desde a páxina web da USC e dirixida a tirar máis partido do potencial de participación e implicación da comunidade dos dous campus (Santiago e Lugo) e da sociedade galega en xeral. Outro dos seus cometidos será o de achegar unha palestra para a actividade académica no camiño de impulsar o desenvolvemento social e económico da súa contorna. "O espazo web", sinalaron os seus responsábeis, "achega á cidadanía unha ampla escolma de datos e documentos relativos á propia actividade desenvolvida no seo da Universidade de Santiago, que fai así un exercicio de máxima transparencia".


O reitor Juan Casares salientou que a publicación da sétima memoria de responsabilidade social e do novo espazo web USC Responsable "non é soamente un exercicio de rendición de contas á sociedade, senón tamén unha chamada de atención sobre a necesidade de fortalecer os lazos que unen á Universidade coa sociedade, ademais de para construír novas pontes na procura de solucións aos problemas que afrontamos nestes tempos difíciles".

Tema: Xeral
Fonte: Cócigo Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal