A Guía Social Media para ONG ´ s Sector 3.0 faise eco da estrea de Causes como Rede Social.
Causes naceu en 2007 como unha aplicación de Facebook para dar apoio e visibilidade a proxectos e organizacións solidarias. Agora, seis anos despois do seu lanzamento, deslígase de Facebook para converterse nunha rede social con entidade propia.
Causes é un espazo para descubrir, apoiar e organizar campañas, captar fondos, e sumar adeptos a unha boa causa. Unha plataforma orientada a conectar organizacións e cidadáns con ideas afíns.
Algunhas das novidades que caracterizarán esta nova etapa de Causes son os novos perfís de usuario, as páxinas para campañas e campañas persoais, e un servizo gratuíto de análise de campañas para as ONG.
A nova rede social seguirá mantendo a súa presenza en Facebook, pero ademais estará totalmente integrada con Twitter e LinkedIn e optimizada para coreo electrónico, de forma que ampliará o seu raio de alcance e a súa repercusión.
Para ofrecerche unha experiencia personalizada e suxerirche campañas e persoas relacionadas cos teus intereses, tras acceder á plataforma ('logueándote' a través de Facebook), podes completar o teu perfil escollendo 5 'adhesivos' que mostren ao mundo o que che interesa (5 boas causas).
O seguinte paso será seleccionar 5 persoas ou organizacións que consideres relevantes, e darlles o teu apoio. E por último apoiar a polo menos 5 persoas que coñeces doutras redes (Facebook ou Twitter), e listo! xa podes navegar pola plataforma, descubrir campañas, unirte a causas, e ata crear a túa propia.
Para ler a noticia completa pica aquí.
Rexístrate como: