Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Selo e-solidario

Intermón Oxfam pon en marcha " e-solidario", selo solidario que permite identificar as empresas comprometidas coa solidariedade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 30/09/13 (10:45)

Co lanzamento de e-solidario, Oxfam Intermón pon en marcha unha iniciativa innovadora en Europa que permitirá identificar, cun selo solidario, ás empresas que realicen vendas de e-commerce e poñan a súa tecnoloxía ao servizo deste proxecto comprometéndose coas persoas. E tamén permitirá aos consumidores apoiar causas solidarias dentro do seu proceso de compra.


"Dun xeito sinxelo, os consumidores poderán apoiar iniciativas como o acceso á auga potable en Etiopía, contribuír a mellorar a educación de nenos e nenas en Burkina Faso, axudar a que as cooperativas de Uganda reciban un prezo xusto polo seu café ou asegurar un salario digno aos campesiños de Paraguai que producen azucre", explica Anna Viloca, Responsable de Novos Produtos de Oxfam Intermón.


Antes de saír fai click


e-solidario poderá encontrarse dende o luns 30 de setembro no proceso de compra das tendas online que xa se sumaron ao proxecto. Trátase dun sistema de doazón moi sinxelo e totalmente seguro que aparecerá xusto no momento de finalización do pedido nos e-commerce participantes, permitindo incrementar o valor da compra cunha pequena doazón xusto antes de proceder ao pagamento desta. Trátase dun xesto que ao usuario lle supón moi pouco pero que pode cambiar a vida de moitas persoas, engade Viloca.


O selo e-solidario estará dispoñible dende o luns 30 de setembro en diversas tendas online e e-commerce de referencia en España como FNAC, Condis, La Tienda HOME, Tradeinn, Ulabox, PromocionesFarma.com, EnterBio, Acuista.com, Bricmania, Regalooriginal.com, KIDS ME ou nonabox, e o estará en bikestocks.es nas próximas semanas. Nos próximos meses o seu número irase incrementando grazas á boa acollida que esta iniciativa tivo no sector.


Para máis información sobre " e-solidario" poden visitar a páxina web:  www.intermonoxfam.org/esolidario


 

Tema: Xeral
Fonte: Socialia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal