Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Ateneo Xerontolóxico

O Ateneo Xerontolóxico recala en Galicia

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/09/13 (09:52)

Coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores, o vindeiro 1 de outubro, o Grupo de Comunicación entremaiores consolida a iniciativa posta en marcha en 2012 coa celebración da cuarta edición do seu Ateneo Xerontológico. A cidade de A Coruña será o escenario desta nova xornada, que se desenvolverá baixo o lema 'Calidade de vida e servizos'.

O Ateneo Xerontolóxico é un foro de diálogo aberto no que confluen ciencia e coñecemento, e teoría e praxis, relacionadas coa atención ás persoas maiores para convertirse nun espazo de encuentro, debate, reflexión e información.

A previsión social, a atención sociosanitaria, a mellora da calidade de vida, a actividade profesional, a planificación dos servizos e a investigación e docencia xerontolóxicas serán as áreas chave para o debate.

Proponse así un ámbito de achega e diálogo científico, profesional, civil, empresarial, político e do tecido asociativo no que se analizarán as novidades e avances no ámbito do envellecemento. Ademais, os profesionais poderán formular as súas experiencias máis innovadoras de boas prácticas para o apoio á vida das persoas maiores. Neste contexto, o sector empresarial poderá afondar sobre as necesidades de cambio ou mellora e ofrecer respostas ás demandas sociais actuais. Pola súa parte, os xestores e administradores de servizos públicos ou privados poderán achegar as súas reflexións sobre a optimización e perspectivas na planificación de recursos e servizos.

Tema: Xeral
Fonte: EntreMayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal