Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Computación en la nube de Microsoft

Microsoft incorpora o seu servizo de computación na nube Office 365 ás súas contribucións ás ONG

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/09/13 (09:35)

O Diario de Novas Tecnolóxigas de Galicia Código Cero faise eco do anunciou de Microsof da próxima ampliación do seu programa mundial de doazón de software a entidades non lucrativas (operativo en 41 países e con previsión de acadar os 90 o vindeiro verán) no que incluíu a suite de produtividade na nube Office 365. “Con esta iniciativa”, informa o xigante de Redmond, “proporcionamos ás ONG e entidades sen arela de lucro as mellores ferramentas de produtividade e colaboración baseadas na nube de Microsoft, permitíndolles así aforrar tempo e recursos en favor da dedicación ás súas actividades principais, como a erradicación de doenzas, a educación e alfabetización ou a sustentabilidade ambiental”.

Estas declaracións, que veñen da man de Jean-Philippe Courtois, presidente de Microsoft International, complétanse co seguinte dato de TechSoup Global: nunca antes foi tan importante para as organizacións de calquera índole acceder aos servizos de computación na nube, fundamentais para impulsar aínda máis o cambio social no mundo no que todas elas, en múltiples ámbitos, están implicadas. En termos máis concretos, unha ferramenta como Office 365 permitiríalles melloras na administración informática, aforro de custes, optimización na colaboración e seguridade nos datos. Segundo engade a multinacional, “só no ano fiscal 2013 Microsoft doou 795 millóns de dólares, software e servizos a 70.286 ONG en máis de 115 países en todo o mundo”

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal