Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
App CERMI Denuncia Discriminación

Siete apps gratuitas para persoas con discapacidade e dependentes

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/09/13 (09:53)

Apps para niños y mayores con discapacidad, para personas dependientes y hasta para sus familiares. Las aplicaciones piensan en todos. Utilicen iPhone, iPad o smartphones y tabletas con sistema operativo Android, los usuarios cuentan con varias apps creadas en exclusiva para ellos. En este artículo se destacan siete: para personas con movilidad reducida, personas ciegas o con discapacidad visual, personas con discapacidad en general, usuarios con diversidad funcional, afectados por esclerosis múltiple, familiares de personas con Alzheimer y niños autistas y con síndrome de Down.

Accessibility, para persoas con movilidade reducida

A aplicación Accessibility está promovida por FAMMA, co apoio da Confederación Coordinadora Estatal de Minusválidos Físicos de España (COCEMFE) e a Fundación Vodafone. "Xorde como unha iniciativa para dar resposta ás necesidades de situación de espazos e lugares accesibles para persoas con mobilidade reducida", explica FAMMA.

Dispón dun sistema de xeolocalización e realidade aumentada que informa en tempo real da situación desexada, así como a distancia dende o punto onde se encontra o usuario. É moi práctica para prazas de aparcadoiro reservado, caixeiros automáticos, gasolineiras ou ambulatorios que conten cos mínimos de accesibilidade esixibles.

Pódese descargar de modo gratuíto para móbiles con sistema operativo Android e para iPhone.

ONCE - CIDAT Metro, para persoas cegas ou con deficiencia visual

ONCE - CIDAT Metro é unha aplicación pensada para persoas cegas ou deficientes visuais. De aí que fose creada polo Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica da ONCE (CIDAT). Facilita información útil sobre as redes de metro de Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Sevilla, Málaga e Mallorca: liñas e estacións, teléfonos, tarifas, mapas e configuración de rutas.

Para acceder a estes datos, emprégase VoiceOver, o revisor de pantalla que inclúe o iPhone, explica o CIDAT. Para as persoas con deficiencia visual, instaláronse tres opcións de alto contraste, co obxectivo de mellorar a visibilidade da pantalla, ademais de mapas ampliables para as persoas con resto visual.

Pódese descargar de maneira gratuita para iPhone, iPod touch y iPad que conten con sistema operativo iOS 5.0 ou posterior.

CERMI Denuncia Discriminación, para persoas con discapacidade

CERMI Denuncia Discriminación é a primeira aplicación para dispositivos móbiles que permite denunciar violacións de dereitos de persoas con discapacidade. A súa creación partiu do Comité Español de Representantes de Persoas con Minusvalidez (CERMI) e o seu desenvolvemento tecnolóxico, de Technosite, da Fundación ONCE.

É unha aplicación "plenamente accesible e usable para as persoas con discapacidade". Grazas a ela, pódense coñecer os dereitos das persoas con discapacidade, os recursos para protexelos e formular queixas, reclamacións e denuncias, que se poden formalizar por escrito, e mesmo, é posible achegar fotografías.

Pódese descargar con carácter gratuíto para móbiles y tabletas Android, así como para iPhone y iPad..

DiLO, para persoas con diversidade funcional

DiLO (Dispositivo Locutivo) é un comunicador. Así o definen os seus creadores. "Permite a un usuario con diversidade funcional o uso de frases axustable ás súas circunstancias e rutinas particulares", precisan.

As frases están agrupadas por categorías, de maneira que non é necesario escribilas cada vez. O usuario ha de elixir a frase que queira transmitir e esta emitirase a través dun altofalante ou, se prefire, enviarase por SMS ou por correo electrónico.

DiLo é gratuíta e funciona en smartphones e tabletas con sistema operativo Android. Adaptouse a tres idiomas: castelán e inglés, tanto en texto coma en voz, e portugués, só texto.

Control EM, para pacientes con esclerose múltiple

A Fundación Esclerose Múltiple Madrid (FEMM) impulsou a creación da app Control EM, dispoñible primeiro para iPhone e iPad e agora tamén para smartphones e tabletas con sistema operativo Android. O seu desenvolvemento débese ao interese porque os pacientes con esclerose múltiple leven un control axeitado da enfermidade.

Para este fin, a aplicación deseñouse con catro seccións:

  • O meu diario. Rexistra a medicación que se ha de tomar, efectos secundarios, síntomas ou brotes e citas médicas.
  • Axenda. Destaca os eventos, charlas ou outras actividades que a FEMM organice ou queira dar a coñecer, así como as citas que o paciente queira recordar.
  • Noticias. Publícanse informacións relevantes sobre esclerose múltiple supervisadas pola FEMM.
  • Interésache. Esta sección permite consultar ofertas de emprego, solicitar taxis adaptados, coñecer máis información sobre tratamentos e toda a información necesaria sobre a FEMM e as asociacións de EME (Esclerose Múltiple España), detalla a FEMM.

Pódese descargar en Google Play o na App Store de maneira gratuita.

Tweri, para familiares de persoas con Alzheimer

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer AFAL Getafe está detrás de Tweri, unha aplicación pensada para os primeiros estadios da enfermidade, que permite ao coidador saber onde está a persoa con Alzheimer, en caso de que exceda unha zona de seguridade ou un tempo límite de paseo determinados con anterioridade.

Para un correcto funcionamento, hai que descargar a aplicación no teléfono móbil do afectado, establecer nela unha zona de seguridade e un tempo máximo para os seus paseos e configurala cunha conta de correo electrónico dun familiar, a quen se avisará ante calquera incidencia.

Cada vez que a persoa con Alzheimer salga soa á rúa, deberá activar o modo paseo da aplicación e, ao ter almacenada a información da zona e do tempo, se nalgún momento os excede, enviarase un correo electrónico ao familiar para que coñeza a última posición xeográfica rexistrada. Outra posibilidade é que a propia persoa con Alzheimer se sinta desorientada, nun ámbito que descoñece ou durante máis tempo do desexado. Nese caso, abondará que pulse un botón para que se avise o seu familiar.

Ao contar con GPS, esta app de geolocalización permite coñecer onde se encontra a persoa, pero hai que ser previsores e ter o móbil sempre cargado. Debido ao uso do GPS, a batería consúmese de xeito significativo e con maior rapidez que en circunstancias normais. Cada vez que se teña a intención de utilizar a aplicación, hai que comprobar que se ten batería abondo.

Tweri pódese descargar para iPhone e móbiles con sistema operativo Android de xeito gratuíto.

Picaa, para nenos autistas e con síndrome de Down

Picaa é unha aplicación para mellorar as competencias básicas de nenos e adolescentes con trastorno de espectro autista e con síndrome de Down. Inclúe actividades de matemáticas, linguaxe, coñecemento do ámbito, autonomía e habilidades sociais para que realicen pequenos e mozos con minusvalidez cognitiva, visual ou auditiva.

Esta app está pensada para as aulas, como ferramenta de apoio. De aí que o seu desenvolvemento estivese precedido dun estudo levado a cabo entre 39 alumnos con necesidades educativas especiais de 14 centros de Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana, Madrid e Galicia. A análise previa permitiu discernir como mellorar o aproveitamento desta aplicación.

O proceso estivo en mans de investigadores da Universidade de Granada, con Álvaro Fernández á cabeza. "Formula unha serie de actividades que fomentan a percepción, a adquisición de vocabulario, a mellora da fonética e sintaxe, o desenvolvemento da memoria e a coordinación ocular-manual", explica Fernández.

Xunto co resto do equipo, crearon este software para para iPhone, iPad e iPod touch. É unha aplicación gratuíta, que superou xa as 20.000 descargas dende a App Store -sobre todo dende España e Estados Unidos- e se traduciu a varios idiomas, como galego, inglés e árabe.

El proceso ha estado en manos de investigadores de la Universidad de Granada, con Álvaro Fernández a la cabeza. "Plantea una serie de actividades que fomentan la percepción, la adquisición de vocabulario, la mejora de la fonética y sintaxis, el desarrollo de la memoria y la coordinación ocular-manual", explica Fernández.

Tema: Xeral
Fonte: Socialia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal