World Cerebral Palsy Day é a campaña mundial para concienciar e sensibilizar sobre a parálise cerebral á que se adheriu recentemente a Confederación ASPACE colaborando na tradución da web ao español.
Esta iniciativa quere recompilar ideas procedentes de todo o mundo encamiñadas a cambiar a vida das persoas con parálise cerebral e facer realidade a mellor delas.
Sobe o teu video xa! Dispós dun minuto para cambiar o mundo.
Como funciona
Imaxina unha idea sobre algo que podería cambiar o teu mundo. Sobe a World Cerebral Palsy Day website un video ou un texto con esa idea que poida ser visto ou lido nun minuto. Pódelo facer ata o 31 de outubro de 2013!
Podes subir os teus videos en inglés, español, francés, turco ou chinés, e pronto tamén en alemán.
Durante outubro, anima aos teus amigos e familiares a visitar a web e a que voten pola túa idea. Aquela persoa cuxa idea reciba máis votos será premiada con 500 dólares (378 euros).
En xaneiro, o xurado de World Cerebral Palsy Day seleccionará tres ideas. Logo farase un chamamento a inventores, investigadores e desenvolvedores para crear un prototipo ou deseño, podendo gañar un premio de 50.000 euros.
Na pasada edición, a idea dunha persoa con parálise cerebral de Turkia inspirou o deseño gañador, que desenvolveu un equipo da Universidade de Virxinia. Quen sabe se este ano será a túa idea a que sexa desenvolvida!
Rexístrate como: