Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Robot asistencial

Investigadores europeos deseñan robots personalizados para o ciudado de anciáns

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/09/13 (09:02)

A revista de innovación innovamás recolle información dun proxecto xerado no seo da UE por un grupo de investigadores de varios países membros que pretende ser un soporte adicional para o coidado de anciáns e persoas dependentes e que chegará aos fogares en dous ou tres anos.

A poboación europea envellece a un ritmo acelerado. Segundo datos de Eurostat, o número de persoas maiores de 65 anos duplicarase para 2060 e alcanzará o 29,5% da poboación; mentres que a porcentaxe de persoas que superarán os 80 anos se triplicará para 2060.

Ante esta perspectiva, e sendo conscientes de que moitas persoas deberían estar baixo a tutela de profesionais, pero, na maioría dos casos, os coidadores son membros da familia sen experiencia, mesmo acompañantes que tamén teñen unha eleva idade, formuláronse a creación destes robots que contan cun alto grao de personalización e supoñerán unha achega adicional ao coidado de anciáns.

Os androides son inarámicos, móvense mediante un sistema de rodas e inclúen cámaras, sensores, audio e unha pantalla táctil. O seu funcionamento baséase en patróns de comportamento que van aprendendo co uso, aínda que tamén se pode realizar unha configuración previa das necesidades dos anciáns, e poden suxerir aos usuarios que tomen a súa bebida favorita, recordarlles se tomaron as súas medicinas ou animalos a saír a dar un paseo.

Os traballos de desenvolvemento levarán ao redor de tres anos meses aos investigadores, universidades e compañías tecnolóxicas implicadas e forman parte do proxecto europeo MOBISERV (An integrated intelligent home environment for the provision of health, nutrition and well-being services to older adults), que recibe 2,75 millóns de euros para a investigación dende a Comisión Europea.

No futuro, estase a traballar na incorporación de tecidos intelixentes que poidan levar postos os anciáns, como vestidos ou sabas e que inclúan un detector de sinais vitais; de modo que, se se produce algún fallo, mesmo durante as horas de descanso, salten as alarmas, e o robot poida realizar a chamada correspondente aos servizos de emerxencia.

Polo momento, o prototipo ten un valor de 10.000 euros, pero espérase que os custos diminúan ata os 5.000 euros cando chegue á súa fase de comercialización.

Tema: Xeral
Fonte: Innovamás
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal