Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Balidea Consulting & Programming

O Contact Center do IMSERSO será xestionado desde as oficinas de BALIDEA en Santiago

 

  • BALIDEA será a encargada de prestar o servicio de atención telefónica do Instituto de Maiores e Servizos Sociais.
  • Ata un total de 50 profesionais darán cobertura ao servizo, nas sedes de A Coruña e Santiago.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 02/09/13 (09:27)

A nosa comunidade acollerá a partir do 2 de setembro o "Servizo de xestión e atención ao usuario do IMSERSO" que fará fronte ás necesidades de información requiridas polo conxunto da cidadanía sobre os programas que presta o instituto a nivel estatal. O IMSERSO conta con máis de tres millóns de usuarios e xestiona anualmente 1.800.000 viaxes.

O Teléfono de Información do Imserso 901 109 899 ofrece información xeral sobre as distintas actuacións e programas competencia do Instituto de Maiores e Servizos Sociais e en particular sobre as Prestacións e Servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia; o Programa de Vacacións para maiores; o Programa de Termalismo Social; as Pensións non contributivas de xubilación e invalidez; as Convocatorias de subvencións, premios e investigacións; os Centros de Referencia Estatal; a Formación de Profesionais; e información sobre tramitación telemática de solicitudes a través da sede electrónica do Imserso…

O horario de atención esténdese de luns a venres de 9:00 a 18:00 horas e conta tamén co "buzón do imserso", desde onde se atenderán as consultas e as distintas solicitudes de información da cidadanía a través de correo electrónico.

Con este proxecto Balidea ratifica o seu compromiso co emprego chegando a xerar ata cincuenta novos postos de traballo, entre a sede central da empresa en Santiago e o centro de respaldo que se porá a andar na Coruña. Un total de cincuenta profesionais serán os encargados de dar resposta a todas as consultas a través de vía telefónica, ou correo electrónico.

Neste campo, Balidea  recolle unha ampla experiencia avalada con anos de prestación deste tipo de servizos de carácter institucional, ademais dos servizos 010 de distintos concellos, na actualidade, é a empresa encargada do Servizo de Información e Recrutamento do Ministerio de Defensa e o servizo informático de atención continuada do Ministerio de Xustiza.

Tema: Xeral
Fonte: Balidea
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal