A edición dixital do diario El Correo Gallego faise eco do proxecto europeo no que participa o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) coa Asociación de Xubilados da Coruña, a firma galega Balidea e dúas institucións de Polonia e Dinamarca, para apoiar familiares de persoas con alzheimer a través de aplicacións móbiles e PC.
A aplicación para móbiles smartphones e para ordenador permitirá informar, proporcionar apoio e formar os coidadores informais, familiares normalmente, de forma personalizada, que non teñen coñecementos médicos específicos.
A responsable do proxecto en CESGA, MªJosé Rodríguez Malnierca, explicou a Efe que "dadas as posibilidades que achegan as novas tecnoloxías e os soportes móbiles, ademais de informar se pode personalizar esa información", e engadiu que deste modo se pode crear unha "rede de comunicación" entre os familiares e os especialistas de persoas con Alzheimer.
Rodríguez Malnierca destacou a relevancia que terá este proxecto dende a óptica galega, debido á "ruralidad" da zona, na que non todas as persoas "teñen preto un centro de día", polo que esta aplicación posibilitará unha "atención en man", a través dos dispositivos conectados a Internet.
A responsable avanzou que de momento o proxecto se atopa nunha "fase inicial" e se prolongará ata 2016.
A selección de familias da que se recollerá información útil para a iniciativa comeza en setembro.
Con estes datos elaboraranse materiais de axuda para que as persoas que utilicen no futuro a plataforma web poidan demandar axudas para ir solucionando os problemas "que se lle presenten día a día", informa o CESGA en nota de prensa.
Rexístrate como: