Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Plataforma Concentra Redes

Concentra Redes, plataforma que promove a participación das persoas con discapacidade nas Redes Sociais

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 26/08/13 (10:08)

Na actualidade, as plataformas web de redes sociais en Internet presentan importantes barreiras para o colectivo de persoas con discapacidade. Aínda que resulta fundamental que estas plataformas que proporcionan acceso ás redes sociais sexan accesibles, para que non exclúa aos colectivos de persoas con discapacidade e maiores, tamén é necesario que se poida acceder a elas desde distintos dispositivos, non só desde o tradicional computador de sobremesa. A falta de accesibilidade das súas interfaces, unido á complexidade dos dispositivos de acceso (computadores de sobremesa e portátiles, dispositivos móbiles, etc.), limita tamén a integración dos maiores, non só dos que teñen discapacidade, xa que de forma xeral estiveron menos vinculados ao desenvolvemento de Internet.

A plataforma “Concentra Redes”, proxecto, cofinanciado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 (Plan Avanza2), e liderado pola Fundación ONCE para a Cooperación e Inclusión Social de Persoas con Discapacidade, proporciona unha interfaz única, accesible para todos e dispoñible desde calquera dispositivo, que facilita a integración dos colectivos de persoas en risco de exclusión dixital ás redes sociais. Desta forma, a tecnoloxía móbil, debido á ampla gama de dispositivos que existen no mercado, convértese en porta de acceso a condición de que a interfaz que se empregue para permitir a participación nas redes sociais sexa accesible e amigable. Así mesmo, a televisión, presente nos fogares e que resulta fácil de usar, convértese nunha das principais portas de acceso das persoas con discapacidade e maiores ás redes sociais.

O obxectivo da plataforma "Concentra Redes" pódese resumir na seguinte lema:

"Promover a participación das persoas con discapacidade nas Redes Sociais de Internet mediante o deseño dunha única interfaz accesible e compatible con diferentes dispositivos que permita a interacción coas plataformas de Redes Sociais máis estendidas."

Actualmente, a plataforma "Concentra Redes" proporciona acceso accesible ás catro redes sociais de uso máis estendido, permitindo xestionar os servizos máis representativos destas:

  • Twitter: Tweets, Mensaxes, "Seguindo", Mencións, Favoritos, Perfil, Buscador.
  • Facebook: Notificacións, Mensaxes, Solicitudes de amizade, Fotos, Eventos.
  • Youtube: Perfil, Os meus vídeos, Vídeos máis vistos, Subscricións, Favoritos, Buscador.
  • LinkedIn: Actualizacións, Perfil, Empregos, Contactos, Grupos, Empresas.
Tema: Xeral
Fonte: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal