O portal Amóvil, en colaboración coa Fundación Vodafone España, porá a disposición dos usuarios un curso de autoformación online sobre avaliación de Terminais móbiles e os seus Produtos de Apoio.
No curso, que vai dirixido a desenvolvedores, técnicos de telecomunicacións e vendedores de telefonía e outras persoas interesadas, explicaranse os criterios cos que debe cumprir un terminal móbil para que poida ser empregado en igualdade de condicións por persoas con necesidades especiais.
Así mesmo, describiranse as necesidades das persoas con discapacidade e de idade avanzada, trataranse aspectos relacionados cos produtos de apoio e resumiranse as normativas europeas existentes no ámbito da accesibilidade.
O propósito do curso, que estará dispoñible a partir de setembro en español e inglés, é fomentar a eliminación das barreiras existentes e de promover o desenvolvemento de terminais accesibles.
Amóvil é un portal que conta co patrocinio da Fundación Vodafone España e foi deseñado para axudar ás persoas con discapacidade e de idade avanzada a identificar terminais móbiles accesibles que se axusten ás súas necesidades e preferencias.
O portal pode accederse a través da dirección de web: www.amovil.es.
Rexístrate como: