A Fundación Vodafone España e a Confederación ASPACE invitan a desenvolvedores, fabricantes e outras entidades interesadas a participar do I Concurso para Desenvolvedores que ten o obxectivo de fomentar a creación de solucións móviles accesibles que contribuan a mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral.
O concurso componse de tres retos, cada un asociado a un premio de 10.000 euros. O primeiro reto consiste en crear aplicacións móviles que aporten valor ao colectivo da parálise cerebral, apoiando a súa adaptación e configuracións de accesibilidade. No segundo, aportaranse solucións de conectividade de periféricos a dispositivos Android. Para o terceiro reto, os participantes deben crear solucións que faciliten o uso do teléfono móvil mediante a tecnoloxía de acceso por barrido de pantalla.
O prazo para presentar as candidaturas finaliza o 15 de xaneiro de 2014. As bases do concurso pódense consultar na páxina de web de ASPACE.
Rexístrate como: