Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

A capacidade de John para crear un Teclado Virtual

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/08/13 (09:52)

Nesta ocasión, queremos pór nome propio á actualidade sobre a tecnoloxía inclusiva. O protagonista desta historia chámase John Fernando Sánchez e viviu cunha distrofia muscular xeneralizada desde que naceu hai 24 anos. As súas forzas para superar barreiras e as súas ganas por adquirir coñecemento fixeron que este mozo colombiano se inscribise na universidade para formarse como Enxeñeiro de Sistemas.

A súa propia experiencia mergulloulle xunto aos seus profesores na procura dunha aplicación informática que lle facilitase comunicarse no ámbito educativo e lle dese autonomía no desenvolvemento da súa actividade profesional. Así nace Teclado Virtual, unha aplicación que proxecta un teclado similar ao dos teléfonos móbiles e, polo que se fai un varrido por cada unha das súas letras esperando a que a persoa que o está utilizando faga un chasquido coa boca para seleccionar a letra que quere utilizar. Pode ser usado en calquera computador. A súa interfaz aparece na pantalla do computador e componse de dúas xanelas, unha á esquerda e outra á dereita. O cursor vai saltando de tecla e a acción actívase inmediatamente a través dun clic cando recibe a orde sonora do chasquido pronunciado polo usuario da aplicación. O mozo John tarda entre sete e dez segundos en elaborar unha palabra seguindo este proceso.

Con esta aplicación as persoas con algún tipo de discapacidade que afecte o seu movemento ou á fala poderán utilizar procesadores de texto, editar imaxes ou simplemente navegar polas distintas opcións do seu computador.

Aínda que, actualmente non está dispoñible ao público, John Fernando asegurou que seguirá traballando para mellorala. Tras este reto, a súa inclusión laboral, e a doutros mozos con enfermidades motoras deste tipo, será máis fácil.  Grazas a iniciativas como a de John e ás posibilidades que ofrece a tecnoloxía disporemos no futuro dunha sociedade máis xenerosa e máis inclusiva para todos.

Tema: Xeral
Fonte: M-Inclusion
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal