Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Curso online Lingua de Signos Española

FAXPGA organiza o seu primeiro Curso de Lingua de Signos Española On-line

 

  • O obxectivo docurso é adquirir as habilidades necesarias que nos permitan unha comunicación básica en lingua de signos española
  • A formación desenvolverase entre o 9 de setembro e o11 de novembro
  • As persoas interesadas deberán inscribirse antes do 5 de setiembro
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 29/07/13 (10:55)
Aproveitando as posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías, a FAXPG organiza por primeira vez un curso de Lingua de Signos Española a distancia, que terá lugar entre o 9 de setembro e o11 de novembro de 2013.

A duración do curso será de 60 horas aínda que a plataforma de formación a través da que se impartirá estará dispoñible 24 horas, permitindo así ao alumnado realizar a súa aprendizaxe e realizar as consultas pertinentes ao titor/a en todo momento..

O curso ten como obxectivo adquirir as habilidades necesarias e un nivel de compresión e expresión en lingua de signos española que nos permitan unha comunicación básica neste idioma e os contidos estructuraranse en bloques da seguinte maneira:

  • Bloque I. Expresión corporal aplicada á Lingua de Signos Española
  • Bloque II. Lingua de Signos Española.
  • Bloque III. Lingüística aplicada á Lingua de Signos Española.
  • Bloque IV. Comunidade Xorda.

A data límite para matricularse é o 5 de Setembro de 2013.

Para máis información pica aquí.

Tema: Xeral
Fonte: FAXPG
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal