Juan Manuel Suárez do Toro Rivero, presidente de Cruz Vermella Española e Francisco Román Riechmann, presidente de Vodafone España e da Fundación Vodafone España asinaron un convenio de colaboración para a execución dun proxecto de "Formación e optimización do uso das Redes Sociais, os computadores e Internet polas persoas maiores" que ten como obxectivo achegar ás persoas maiores ao uso de Internet como medio para mellorar a súa calidade de vida en aspectos tales como o lecer, tempo libre, comunicación e redes sociais.
Ata marzo de 2014, máis de 4.500 persoas maiores recibirán formación gratuíta sobre as vantaxes que ofrece o acceso a internet. Os cursos divídense en dous niveis dificultade segundo os coñecementos dos usuarios.
O nivel formativo máis elemental tratará os conceptos básicos do computador, unha iniciación a que é Internet, buscar información na rede, envío de correos electrónicos, xestionar actividades de lecer online e utilización das redes sociais.
Os usuarios máis avanzados farán un breve repaso aos aspectos máis básicos do computador e internet, adquirirán coñecementos sobre comercio electrónico e administración electrónica, aprenderán a utilizar ferramentas de comunicación (chat, videollamada, foros) e profundarán no uso das diferentes redes sociais.
O contido está estruturado en dez módulos cunha duración que varía entre 5 e 15 horas. Os distintos programas realizaranse en cidades e pobos de 40 provincias españolas.
"O manexo das novas tecnoloxías e a participación nas Redes Sociais representan novos canles de integración moi gratificantes de explorar cos colectivos vulnerables, especialmente as persoas maiores, e de aí a nosa aposta por este tipo de intervención", destacou Suárez do Toro Rivero durante a sinaturado convenio.
"Que as persoas maiores aprendan a utilizar as novas tecnoloxías permítelles optar a unha vida máis independente, evita o seu illamento e o sentimento de soidade. É moi satisfactorio poder realizar este labor da man de Cruz Vermella Española por ser un referente na utilización do TIC nos seus programas de integración social dirixidos a este colectivo", comentou Francisco Román Riechmann.
Rexístrate como: