Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Sector 3.0

O Crowdfunding para causas sociais

 

  • O Crowdfunding consiste no financiamento en masa ou por subscrición, é un micro financiamento colectivo ou micro mecenado.
  • No ano 2012 financiáronse a través deste método un millón de campañas a nivel mundial.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 19/07/13 (09:15)

Sector 3.0- Guía Social Media Para ONGs publicou recentemente un interesante artigo sobre que é o Crowdfunding e cales son algunhas das plataformas de financiamento colectivo destinadas unicamente a causas e proxectos sociais, onde as ONGs poden participar para conseguir o financiamento necesario para levar a cabo os seus proxectos ou campañas sociais.

O Crowdfunding consiste no financiamento en masa ou por subscrición, é un micro financiamento colectivo ou micro mecenado. É dicir a través de Internet as organizacións non lucrativas poden financiar campañas a través do Crowdfunding e conseguir diñeiro e outros recursos necesarios que doutra forma non poderían conseguir.

A través de micro doazóns consegue que máis xente se anime a colaborar coa túa organización nunha campaña determinada.
Hai varios tipos de Crowdfunding ou Crowdfunding especializado,está por exemplo o das doazóns, polas que quen fan as doazóns non esperan beneficios monetarios tras realizar a transacción ou o baseado nas recompensas, polo que o doantes esperan unha recompensar pola súa transacción, entre outros.

Segundo o estudo realizado por Massolution titulado "2013 Crowdfunding Industry Report", o financiamento de proxectos a través de Internet está a crecer moito, xa que no ano 2012 financiáronse a través deste método un millón de campañas a nivel mundial.

O estudo explica como foron as causas sociais, as máis financiadas a través do crowdfunding cun 27,4%, seguido dos negocios e a categoría de emprendedores cun 16,9%. Séguenlle as películas e obras de teatro, que sumaron un 11,9%, Proxectos Musicais, que obtén un 7,5%, e Enerxía e Medio Ambiente, cun 5,9%.

Polo xeral para levar a cabo un proxecto de financiamento en masa, en primeiro lugar, hai que elixir a plataforma que máis se adecue ás características do proxecto que se quere levar a cabo. Algúns proxectos valoraranse de forma comunitaria e o resto polos usurarios da plataforma. O proxecto publícase por un período limitado de tempo para conseguir o financiamento, 20 días, 50 días, 80 días, ademais promociónase o máximo posible para que chegue a moitas persoas e se poida conseguir o proxecto no tempo estipulado e sempre unha vez que se finalizou o prazo, hai que sinalar se se acadaron os obxectivos ou non.

Hai moitas plataformas de crowdfunding en España dedicadas a diferentes sectores como a cultura, a educación, o deporte, para empresas ou startups,... Algunhas das plataformas de financiamento colectivo destinadas unicamente a causas e proxectos sociais, onde as ONGs poden participar para conseguir o financiamento necesario para levar a cabo os seus proxectos ou campañas sociais son smilemundo, Hazloposible.org, Migranodearena.org, Suma, Flipover, 1x1Microcredit, Mi aportación, Teaming o Doafund, entre outras.

Para ver a noticia completa pica aquí.

Tema: Xeral
Fonte: Sector 3.0
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal