Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo FEAPS

FEAPS crea o concurso de curtos “Que non te corten: participa”

 

 

  • FEAPS creou un concurso de curtos aberto á participación de calquera persoa niteresada.
  • As bases do concurso están en lectura fácil e con imáxes para facilitar a súa comprensión, accesibles en http://participacionfeaps.org/concurso-videos.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 18/07/13 (10:18)

Dentro das actividades do Ano da Participación FEAPS convoca un concurso de curtos no que poden participar todas as persoas de dentro e fóra do movemento asociativo, sen límite de idade nin condición: para para que o resto de cidadáns saiban que deben facer para apoiar ás persoas con discapacidade intelectual, para que as familias participen máis, para que as asociacións cren espazos de participación e para que outras empresas e organizacións apoien o traballo de FEAPS.

Por todo iso estanse levando a cabo moitas accións que motiven esa participación de todos, e unha delas é "Que non che corten: PARTICIPA", un concurso de curtos para toda a cidadanía, persoas ou grupos de persoas que queiran mostrar como participan ou colaboran, en definitiva, que queiran mostrar aos demais as mellores ideas sobre a participación.

Existen dúas categorías dentro do concurso: "comparte a túa experiencia" e "curtametraxes cómplices". A primeira delas non terá en conta a calidade do vídeo, porque se pode  gravar con móbil ou similar, e debe relatar como participa o protagonista do vídeo, na súa asociación, no seu barrio, no seu grupo, na súa vida.

A segunda categoría "curtametraxes cómplices" é a gravación dunha curtametraxe máis profesional, tanto na súa edición como na montaxe, e pode ter temática documental ou ficción, nos seus diferentes xéneros.

As bases do concurso xa están en liña na páxina web do Ano da Participación en: http://participacionfeaps.org/concurso-videos.

Desde o día 26 de agosto até o 3 de outubro os propios concursantes e produtoras poderán realizar a solicitude de inscrición a través da páxina web do ano da participación, nesta ligazón: http://participacionfeaps.org/concurso-vídeos/solicitude. Para poder facela deberán colgar previamente o seu vídeo ou curtametraxe nalgunha plataforma de visualización: Youtube, Vimeo, dailymotion, etc.

FEAPS habilitará un correo electrónico para resolver calquera dúbida con respecto ao concurso. Este é: quenotecorten@feaps.org


 

Tema: Xeral
Fonte: FEAPS
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal