O Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña (GRUMICO) publicou en internet a Guía Coruña Accesible, www.corunaaccesible.com, a primeira Web coruñesa que ofrece información sobre a accesibilidade dun amplo abano de espazos, servizos e locais da cidade da Coruña: Hoteis, Restaurantes, Bares/Cafetarías, Praias, Aparcadoiros, Transporte público,... Así as persoas con discapacidade física poderán saber con anterioridade cales son as cafetarías que dispoñen de aseo adaptado ou os hoteis que dispoñen de ducha de prato entre outra información.
Con esta Guía a asociación pretende, non só ofrecer esta información aos coruñeses senón chegar a outras provincias, comunidades e países para mellorar a calidade da oferta turística coruñesa ás persoas con discapacidade que veñan de visita así como aos amigos e familiares que as acompañen.
Desde GRUMICO pretenden fomentar a difusión desta Web para que poida beneficiar a todo aquel que a necesite.
GRUMICO
O Grupo de Persoas con Discapacidade dá Coruña (GRUMICO) é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1979, a súa finalidade é defender os intereses das persoas con discapacidade física, así como mellorar a calidade de vida, promocionando a súa propia recuperación, rehabilitación e participación social.
O ámbito de actuación é provincial, tendo como zona de acción principal na que ofrecemos os nosos servizos, a cidade da Coruña, así como tamén ampla os seus servizos ás zonas limítrofes da cidade.
Rexístrate como: