Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
M4GE Awards

The Vodafone Foundation dará 200.000€ en premios ás mellores aplicacións móbiles de saúde, educación, accesibilidade e servizos públicos.

 

  • As candidaturas deben presentarse, antes do 15 de outubro, a través da web www.mobileforgoodeuropeawards.com
  • Cada categoría repartirá 50.000€ entre as tres apps mellor valoradas polo xurado
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 17/07/13 (09:37)

Vodafone Foundation convoca os Mobile for Good Europe Awards, que teñen como obxectivo premiar aplicacións móbiles deseñadas para mellorar a calidade de vida das persoas e que xeren un beneficio público. A iniciativa conta co apoio de AGE Platform Europe, plataforma que traballa a favor dos máis de 150 millóns europeos maiores de 50 anos e o European Disability Forum, entidade que representa a máis de 80 millóns de persoas con discapacidade en Europa.

A edición deste ano consta de catro categorías: Saúde, Educación, Accesibilidade e Servizos Públicos. Concederanse 200.000€ ás mellores aplicacións móbiles desenvolvidas nos sistemas operativos Android e iOS. Cada categoría repartirá 50.000€ entre o tres apps mellor valoradas polo xurado, 30.000€ para o gañador, 15.000€ para o segundo e 5.000€ para o terceiro.

A incripción debe facerse a través da páxina web dos Mobile for Good Europe Awards www.mobileforgoodeuropeawards.com. O prazo para presentar aplicacións finaliza o 15 de outubro de 2013.

A categoría de Saúde busca solucións innovadoras relacionadas con aspectos como a monitorización do paciente en tempo real ou a recolección e envío de datos sobre o estado de saúde. Pola súa banda Accesibilidade céntrase en aplicacións accesibles que melloran a calidade de vida das persoas con discapacidade e as persoas maiores. Educación premiará apps que sirvan como ferramentas simples e efectivas para as tarefas de ensino e aprendizaxe. Por último, Servizos Públicos está enfocada a como as administracións públicas, tanto locais como nacionais, poden utilizar a tecnoloxía móbil como ferramenta para ofrecer servizos e realizar xestións aos cidadáns.

O director de sustentabilidade do Grupo Vodafone e director de Vodafone Foundation, Andrew Dunnett sostén que "a tecnoloxía móbil pode ser utilizada para educar, dar autonomía persoal e potenciar a millóns de persoas. Esperamos que os Mobile for Good Europe Awards inspiren aos innovadores a investir en novas e creativas formas de usar o teléfono móbil que melloren a calidade de vida das persoas e ofrezan beneficios públicos substanciais".

Tema: Xeral
Fonte: Vodafone Foundation
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal