A Fundación Vodafone España, de acordo ao seu obxectivo fundacional de contribuír ao desenvolvemento de coñecementos sobre o sector das telecomunicacións, promove a realización duns premios que sirvan de incentivo ao desenvolvemento e a innovación de propostas tecnolóxicas, tanto na súa fase de estudo coma no da súa posta ao servizo da sociedade.
O seu obxectivo é apoiar a aparición de produtos e servizos innovadores que poidan ter unha ampla repercusión na Sociedade da Información polo seu interese, novidade, accesibilidade para todos e que conten co soporte tecnolóxico das telecomunicacións.
O xurado ten decidio que os gañadores da VII edición dos Premios Vodafone á Innovación en Telecomunicacións sexan:
A Fundación Vodafone España decidiu tamén outorgar un accésit ao proxecto PIKTOPLUS, presentado por Limbika Assistive Technologies SL, que consiste nun sistema de comunicación aumentativa e/ou alternativa (SAAC) baseado en pictogramas. O valor diferencial de PiktoPlus é a integración de pictogramas 3D, o que permite a personalización dun Avatar que á súa vez repercute sobre a conversión dos propios pictogramas en 3D. Colectivos que poden ver os seus niveis de comunicación mellorados: Persoas con Parálise Cerebral; Persoas coa Síndrome do Espectro do Autismo; Persoas con Síndrome de Down; Persoas coa Síndrome X-frágil; Persoas con Dano Cerebral Adquirido (Trauma/Ictus); Nenos en atención temperá (Reforzo); Persoas con Esclerose Múltiple (Fase avanzada).
Por último, decidiuse conceder unha mención especial á Fundación CNSE pola súa constancia no uso das TIC para cumprir a súa misión.
O xurado desta VII Edición estivo formado por Elisa Robles, Directora Xeneral de CDTI, Therese Jamaa-Froger, Qualcomm Services Business Development Director, Ricardo Gabarró, Director de I+D+i de Eulen, Francisco López Ferreras, Director da Fundación Xeral da Universidade de Alcalá, Carlos Barrabés, Experto en TIC, Unai Labirua, Director de I+D de Tecnoloxía Global de Vodafone; José Luis Cuerda, Director de Mercadotecnia Segmentos de Vodafone España e Mª Satur Torre, Directora de Innovación da Fundación Vodafone España.
Rexístrate como: