Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Mobiserv

Europa traballa nun 'robot coidador'

 


 



  • Pode recordar ás persoas maiores a necesidade de comer, beber, tomar a medicación, estruturar o día e axudalos a manterse activos suxerindo unha serie de actividades.

  • Podería proporcionar consellos útiles para os que presentan risco de sufrir illamento social, como suxerir que chame por teléfono ou saia a visitar alguén.

  • Esta iniciativa tamén comprende roupa intelixente capaz de monitorizar os signos vitais e os patróns de sono e detectar caídas. 
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/06/13 (11:00)

Un equipo europeo de investigadores -integrado por representantes de universidades, institutos de investigación, empresas e organizacións de asistencia-, está a traballar nun novo tipo de coidador social robótico para persoas maiores. Trátase do proxecto financiado con fondos europeos Mobiserv, dedicado dende hai tres anos a crear un compañeiro robótico para persoas maiores que poida recordarlles a necesidade de comer, beber, tomar a medicación, estruturar o día e axudalos a manterse activos suxerindo unha serie de actividades. Ademais, se o individuo non se comunica con ninguén durante un tempo, o robot podería suxerirlle que chame por teléfono ou saia a visitar alguén, consellos útiles para os que presentan risco de sufrir illamento social. Este robot é un dos compoñentes dun sistema automático máis amplo que os responsables de Mobiserv están a desenvolver para persoas de idade avanzada.


Esta iniciativa tamén comprende roupa intelixente capaz de, por exemplo, monitorizar os signos vitais e os patróns de sono e detectar caídas, así como un ámbito domótico que constará de sensores intelixentes, dispositivos de recoñecemento óptico e automatismos domésticos. Todo iso permitirá detectar os hábitos de inxestión de alimentos e bebidas, patróns de actividade e situacións perigosas. 


Probas previstas este ano


Mobiserv iniciou a súa andaina en decembro de 2009. Xa no seu segundo ano desenvolveu un prototipo de compañeiro robótico social tras realizar unha extensa investigación na que participaron usuarios finais cos seus correspondentes coidadores, formais e informais. A partir das probas e observacións deste prototipo, estase a mellorar e axusta o robot e as demais prestacións de Mobiserv para que resulten máis útiles, aceptables e divertidas.


Para descubrir cales son as vivencias e impresións das persoas maiores ante a introdución deste sistema no seu fogar, investigadores da Universidade do Oeste de Inglaterra -Bristol (Reino Unido)-, o Smart Homes Institute de Eindhoven (Países Baixos) e a organización de asistencia Ananz de Geldrop (Países Baixos) efectuarán extensos estudos de avaliación dos usuarios do compañeiro robótico durante estes meses.


Así, planean realizar probas de usabilidade nun laboratorio doméstico, ensaios prácticos durante unha xornada completa nunha vivenda piloto e tamén experimentos de varios días nos propios fogares dos usuarios.


No transcurso das avaliacións planeadas, os anciáns participantes poderán usar con liberdade o seu compañeiro robótico, mentres que os coidadores poderán personalizar e utilizar o sistema para facilitar a existencia dos seus seres queridos. A finalidade destas avaliacións é darlles a oportunidade de experimentar o que Mobiserv pode ofrecerlles, perfeccionar o sistema e descubrir o mellor modo de comercializalo.


As avaliacións con usuarios prolongaranse dende abril ata xuño deste ano e terán lugar en Reino Unido e Países Baixos. Dende xuño ata agosto, o proxecto Mobiserv e o seu compañeiro robótico presentaranse e exhibirán en diversos eventos de Europa. 

Tema: Xeral
Fonte: EM entremayores.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal