O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á presentación da nova aplicación de Smart TV da Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (Fegaus). O acto celebrouse na Cidade da Cultura.
Antón Acevedo destacou a importancia que teñen as novas tecnoloxías na mellora da calidade de vida das persoas maiores, así como para os profesionais do ámbito dos coidados. Tamén se referiu á aposta que fai a Xunta por fomentar o envellecemento activo e a participación dos maiores en todos os ámbitos da sociedade.
Rexístrate como: