Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Nokia JobLens

Nokia JobLens ou cómo atopar traballo gracias á realidade aumentada

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/06/13 (10:20)

En tempos de crise xorden ideas rutpuristas, mesmo para mellorar os procesos de busca de emprego.


Iso debeu pensar Nokia, que lanzou JobLens, unha aplicación exclusiva para smartphones Lumia con sistema operativo Windows Phone que utiliza tecnoloxía de realidade aumentada e os recursos de Here Maps para axudar aos usuarios a encontrar traballo.


E é que este programa foi habilitado para que a persoa que o utilice poida visualizar en plena rúa os postos ofertados ao seu arredor e combinar esa información coas súas preferencias, o seu historial laboral e outro tipo de información.


Por exemplo, JobLens permite seleccionar o tipo de empregos que prefiren os usuarios e seguir a súa evolución, aprender sobre tendencias no seu campo de experiencia, crear e gardar o seu curriculum vitae, presentar candidaturas para traballos concretos, recibir indicacións para a entrevista ou información actualizada sobre os seus ofertantes de emprego favoritos.


Tamén foi deseñada para tirar proveito de redes sociais como LinkedIn e identificou aquelas persoas que poderían conectar o usuario co director de recursos humanos da empresa en cuestión ou aqueles traballos que foron recomendados polos amigos.


Para crear JobLens Nokia contou coa colaboración de organizacións como a referida LinkedIn, Indeed, Twitter, Facebook, Salary.com, Zillow, CareerOneStop, Data.uk.gov, PayScale e tamén coa integración con Windows Live. 

Tema: Xeral
Fonte: SiliconWeek
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal