Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
The Social Coin

The Social Coin: A cadea de favores feita proxecto

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/06/13 (10:45)

The Social Coin é unha empresa sen ánimo de lucro que se dedica a fabricar e distribuír moedas que inician cadeas de accións desinteresadas que se poden seguir e medir.


A traxectoria deste grupo de emprendedores forxouse grazas ao financiamento colectivo ou crowdfunding, a través da plataforma goteo.org. A idea é poñer en marcha este proxecto grazas á axuda de centos de persoas que vai volver a elas en forma de moeda.


As accións máis cotiás, nas que calquera persoa se pode encontrar son as máis significativas. Estas accións xeran un compromiso nas persoas que as reciben. Comprometerse cunha causa proporciona a actitude necesaria para levala a cabo.


Un pequeno xesto como recoller unha carteira do chan, axudar a alguén a cruzar a rúa, levarlle a cea a unha persoa sen fogar ou subir unha maleta nas escaleiras do metro cambia significativamente o día das dúas persoas involucradas. Dálle sentido. Faino memorable.


As moedas están feitas dun material plástico que se pode programar. É dicir, podemos decidir que duración ten a moeda. Ademais todas as moedas son biodegradables, e como dentro levan unha semente, pódense plantar ao final da cadea.


Como funciona



  1. La moeda social: Recibes unha moeda.

  2. Entra na web: Escanear o código QR ou escribe o código na web

  3. Márcate un propósito: Escribe na web que axuda che gustaría prestar alguén descoñecido.

  4. Fai un favor: Cumpre o teu próposito axudando a alguén.

  5. Planta a moeda: Ao final da cadea de favores planta a moeda.

Dende un punto de vista menos técnico, as moedas están feitas de compromiso, entrega, confianza e empatía.

Tema: Xeral
Fonte: The social Coin
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal