Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Guía cultural accesible

Guía de Accesibilidade para persoas xordas


  • Está dispoñible en formato electrónico e descarga gratuíta.

  • Recolle recomendacións e recursos materiais e tecnolóxicos, que sirvan de instrumentos para facer accesibles bibliotecas, museos, concertos, publicidade, cine, teatro, etc.

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 26/06/13 (10:53)

A Fundación CNSE publicou a 'Guía de accesibilidade para persoas xordas nas industrias culturais'. Trátase dunha obra dispoñible en formato electrónico e descarga gratuíta, na que se recollen recomendacións e recursos materiais e tecnolóxicos, que sirvan de instrumentos para a promoción de produtos, servizos e espazos culturais inclusivos para as persoas xordas.


Con esta publicación, elaborada co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Fundación CNSE quere propiciar que as persoas xordas se convertan en consumidores de cultura.


"España é unha gran potencia cultural, pero seguimos á zaga en materia de accesibilidade á cultura" manifestou Emilio Ferreiro, coordinador do proxecto. "Esperamos que a partir das pautas e recomendacións que recolle esta guía, avancemos cara a unha cultura inclusiva tamén coas persoas xordas".


Neste sentido, a guía formula como facer accesibles bibliotecas, museos, concertos, publicidade, cine, teatro, etc, e entre outros, sinala a incorporación da lingua de signos, o subtitulado, os bucles magnéticos, as signoguías, a videointerpretación, ou as páxinas web bilingües (castelán-lingua de signos española), como elementos fundamentais para garantir o acceso das persoas xordas aos bens culturais do noso país.


Ademais, a través das súas páxinas, anima a industria cultural española a fomentar a participación activa de artistas xordos en distintas disciplinas, e a enriquecer o patrimonio cultural con manifestacións culturais propias deste colectivo en lingua de signos española e catalá.


A guía está dispoñible na páxina web da Fundación CNSE ou na ligazón http://goo.gl/ZH8eO 

Tema: Xeral
Fonte: CNSE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal