Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Entrega de diplomas do curso de alfabetización dixital dirixido a mulleres marroquíes.

A Xunta pon en valor o apoio da Fundación Esplai ás persoas en risco de exclusión dixital

Versión para impresiónSend by email
Cangas, 18/05/22 (13:08)
  • O Goberno galego destina preto de 140.000 euros a esta entidade a través da orde de axudas de iniciativa social e con cargo á casilla social do 0,7% do IRPF

A Xunta puxo en valor o apoio e o traballo realizado pola Fundación Esplai ás persoas en risco de exclusión dixital. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas do curso de alfabetización dixital dirixido a mulleres marroquíes realizado por esta entidade no centro sociocomunitario de Cangas.

O director xeral sinalou que o Goberno galego destina preto de 140.000 euros a esta fundación a través da orde de axudas de iniciativa social e con cargo á casilla social do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). A través destas axudas, a Xunta facilita a posta en marcha de programas destinados á formación adaptada, á inclusión sociolaboral ou á alfabetización dixital para persoas en risco de exclusión.

O curso realizado no centro sociocomunitario de Cangas iniciouse o pasado 6 de abril e tivo lugar cada mércores. Entre os contidos impartidos destacan o manexo de teléfonos intelixentes, navegación e comunicación por Internet, realización de xestións telemáticas e comercio online.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal