Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Mans tecleando.

A Xunta destinará máis de 27 M€ ata 2025 para impulsar a capacitación dixital dos galegos

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 24/02/22 (17:11)
  • “Queremos formar en competencias dixitais a máis de 45.700 persoas nos vindeiros tres anos”, precisa o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda
  • Explica que para acadar ese obxectivo se impulsarán dúas medidas: o Plan de ampliación e Reforma da Rede de Aulas CeMIT e o Marco Galego de Competencias dixitais
     

O vicepresidente primeiro do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que Galicia destinará máis de 27 M€ ata 2025 para impulsar a capacitación dos galegos e galegas, facendo especial fincapé nos maiores.

Durante a rolda prensa, Rueda precisou que o obxectivo é que o 70% dos galegos teñan competencias dixitais básicas en 2025, “queremos formar en competencias dixitais a máis de 45.700 persoas nos vindeiros tres anos”, engadiu.

Para acadar estes obxectivos, explicou, impulsaranse dúas medidas: o Plan de ampliación e Reforma da Rede de Aulas CeMIT e o Marco Galego de Competencias dixitais.

No tocante ás aulas CeMIT, que son claves para a mellora das competencias dixitais daqueles galegos que teñen máis dificultades para acceder a estas tecnoloxías, Rueda sinalou que este ano contarán con 1.300 prazas e impartirán 35.000 horas de formación. Ademais, destacou que os maiores seguirán tendo protagonismo, xa que, entre outras cousas, a Federación Galega de Asociacións Universitarias Senior, aliada desta rede de aulas, ten previstos 60 cursos destinados ás persoas maiores. Tamén avanzou que coa pretensión de que a Rede siga medrando se abrirán 30 novas aulas ata 2025.

En relación ao Marco Galego de Competencias Dixitais, o vicepresidente primeiro subliñou que a Xunta está a traballar no desenvolvemento dos plans de capacitación e acreditación e de avaliación e autoavaliación, que permitirán o acceso á acreditación das competencias dixitais. A este respecto, salientou que o certificado galego en competencias dixitais validará 21 competencias de 5 áreas.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal