O portal de axudas técnicas e solucións inclusivas que xa está en marcha é o resultado do traballo conxunto de ATIS4all ("Assistive Technologies and Inclusive Solutions for all" en Inglés) e ETNA ("European Thematic Network on Assistive Information and Communication Technologies" en Inglés), dúas redes temáticas que traballan con 43 institucións líderes do sector de 16 países europeos diferentes.
O novo portal está composto polo portal colaborador ATIS4all ("ATIS4all collaborative portal" en inglés) e o sistema de información de ETNA ("ETNA information system" en inglés). A devandita web aproveita o traballo previo desenvolvido pola rede Europea de Axudas técnicas EASTIN ("European Assistive Technology Information Network en Inglés), para usar os repositorios existentes e outros recursos de axudas técnicas baseadas en TIC, ofrecendo aos seus usuarios a posibilidade de obter información, comentar e puntuar axudas técnicas a través dunha ferramenta multilingüe. Ademais os usuarios do portal terán a posibilidade de comentar e compartir a súa opinión cunha comunidade a través de diferentes foros e un blog de expertos.
É un portal colaborativo, onde todos poden participar
Calquera organización traballando no campo das axudas e solucións inclusivas baseadas en TIC pode formar parte do futuro portal como "supporter". Ser un "supporter" non ten ningunha implicación legal e é totalmente gratuíto. Algúns dos beneficios directos de ser un "supporter" do futuro portal son:
Beneficios
Para entender os beneficios do portal poñerémosvos este exemplo.
Johnson dirixe unha empresa de sofware. El quere exportar os seus produtos a outros países europeos, pero o custo e tempo que precisa para ver as normas e financiamento de cada país, é grande. Johnson visita un foro de expertos en tecnoloxías e alí coñece este portal que vos presentamos.
Se Johnson entra neste portal encontrará información de lexislación e financiamento de cada país. Ademais, el pode crear un post ou foro de discursión con outros expertos e profesionais. Asi poderá encontrar contactos doutros países que poidan estar interesados nos seus produtos.
Isto é só un exemplo, pero o portal dá esas posibilidades e moitas máis.
Para máis información contactar vía email con info@atis4all.eu ou acceder ao seguinte portal
Portal Colaborativo Atis4all (FED).
Rexístrate como: