Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Imaxe remembr

Vitalia e Supertruper lanzan “(re)membr” para que as persoas con Alzheimer se orienten no fogar

 



  • Unha aplicación para Smartphone desenvolvida por SuperTruper seguindo directrices do Método Hoffmann

  • O obxectivo é mellorar a calidade de vida dos maiores con problemas de Alzheimer ou outras enfermidades dexenerativas similares
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 21/06/13 (09:29)

Vitalia e a empresa de tecnoloxía Supertruper lanzan ao mercado a aplicación APP " (re)membr" que permite orientar ás persoas con Alzheimer e outras demencias nas primeiras fases da enfermidade no seu propio fogar.


A aplicación, que se presentou de forma oficial e por vez primeira no Corporate Innovation Center de Telefónica, está sendo testada na rede de centros de día para maiores do Grupo Vitalia e acaba de celebrar o seu lanzamento definitivo.


Vitalia, na súa liña de creación de novos produtos e servizos para os nosos maiores, colabora con Supertruper no desenvolvemento desta novidosa e exclusiva aplicación para Phone e Android, que favorece a independencia e mellorar a calidade de vida dos séniors con calquera tipo de demencia ao principio da enfermidade. O obxectivo deste lanzamento tecnolóxico é mellorar a calidade de vida dos nosos maiores con problemas de Alzheimer ou outras enfermidades dexenerativas similares, e facilitar que poidan manter certos niveis de independencia no seu propio fogar.


"(re)membr" é unha App para iPhone desenvolvida por Supertruper e Vitalia que permite ás persoas con Alzheimer en estadios iniciais mellorar o seu nivel de vida mediante a identificación de produtos, situacións e lugares para orientarse e poder cubrir as lagoas da súa memoria. Ademais, permite aos familiares e coidadores un maior seguimento e control das súas actividades.


SuperTruper achegou a súa tecnoloxía e Vitalia a aplicación do Método Hoffmann no deseño das mensaxes e o ámbito do usuario para garantir a eficacia da aplicación.


O Método Hoffmann está rexistrado como obra científica, o cal ofrece un novo sistema de coidado e atención personalizada que ten en conta as áreas físicas, psíquicas, cognitivas e sociais, co que se obtiveron importantes melloras na saúde e na calidade de vida de moitas persoas. 


Como funciona " (re)membr"?


Para o coidador:



  • Etiquetas Personalizadas. Asignación de mensaxes de voz a etiquetas autoadhesivas personalizadas con código de barras para identificar produtos, características, situacións, accións, lugares...

  • Visión a distancia. Permite a identificación do que nun momento concreto está a ver o maior e non é capaz de entender ou identificar.

  • Control de actividade. Seguimento remoto das actividades dos seus maiores, tanto instantáneo coma periódico.

  • Método Hoffmann. Inclúe unha completa guía do Método Hoffmann para asesorar sobre o contido e o uso das etiquetas de xeito terapéutica e personalizada.

Para o enfermo con Alzheimer:



  • Identificación de etiquetas. Simplemente con poñer o iPhone diante dunha etiqueta personalizada o coidador lle "dirá" coa súa voz que está a intentar identificar.

  • Identificación a distancia. No caso de intentar identificar un lugar, produto ou situación sen etiqueta personalizada automaticamente chegaralle unha mensaxe ao seu coidador co que o enfermo estaba intentado identificar.

  • Chamada de emerxencia. Pulsando un botón poñerase en contacto co seu coidador. 
Tema: Xeral
Fonte: Vitalia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal