Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel da iniciativa.

A xira Enredando Tour R para a inclusión TIC dos nosos maiores chega á provincia de Ourense

Versión para impresiónSend by email
O Carballiño, 27/09/21 (08:11)

Logo de ter recalado na Coruña, Cedeira, Viveiro, Sarria e Monforte, a xira da aula móbil de R e a Cruz Vermella (a xira Enredando tour R, destinada a loitar contra a fenda dixital que separa aos nosos maiores con respecto ás novas tecnoloxías da información) achégase á provincia de Ourense para instalarse o luns 27 no Carballiño e desprazarse o martes 28 e o mércores 29, a Verín e ao Barco de Valdeorras, respectivamente.

A xira Enredando tour R, que conta coa colaboración da Consellería de Política Social, chegará a 11 localidades das catro provincias galegas. Máis datos en Enredando.gal.

Durante un mes, o programa está a percorer localidades galegas cunha aula móbil para romper a fenda dixital e ofrecer contidos formativos tecnolóxicos específicos. O propósito é “enredar” persoas maiores no universo das novas tecnoloxías dun xeito lúdico, ofrecéndolles a degustación dun “menú tecnolóxico” á súa medida.

Aula móbil “superequipada”

A protagonista do roteiro é unha aula móbil con contidos formativos vencellados ás novas tecnoloxías. A aula é “unha furgoneta superequipada” que transporta os smartphones, portátiles, tabletas, altofalantes intelixentes... e todo tipo de accesorios para facilitar ese achegamento á realidade da tecnoloxía máis doméstica e presente en multitude de áreas da nosa vida cotiá”, explicou R na presentación.

Este é o calendario previsto:

  • 13 de setembro: A Coruña
  • 17 de setembro: Cedeira
  • 20 de setembro: Viveiro
  • 21 de setembro: Sarria
  • 22 de setembro: Monforte de Lemos
  • 27 de setembro: O Carballiño
  • 28 de setembro: Verín
  • 29 de setembro: O Barco de Valdeorras
  • 4 de outubro: Lalín
  • 5 de outubro: Ponteareas
  • 6 de outubro: A Guarda.

Para participar nas actividades de Enredando Tour R as persoas interesadas poden chamar ao teléfono gratuíto 900 825 030 ou escribir un correo electrónico a galicia@cruzroja.es.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal