Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Unha muller comunícase en lingua de signos a través dunha videochamada co seu computador portátil.

Samsung facilita o uso da súa tecnoloxía a persoas con discapacidade auditiva

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 24/09/21 (08:02)

Hai moitos aspectos da tecnoloxía que deben ser máis accesibles para facilitar o uso dos dispositivos ás persoas con discapacidade. Un deles, e que non sempre se ten en conta, é o do servizo de atención ao cliente, unha plataforma moi útil para resolver dúbidas ou problemas pero que adoita ser inaccesible a moitas persoas xordas.

Por esta razón, Samsung lanzou un servizo de atención ao cliente en lingua de signos, co obxectivo de facilitar a información e o acceso a soporte técnico ás persoas con discapacidade auditiva signantes.

A compañía desenvolveu este servizo en colaboración coa Fundación CNSE e utilizando a tecnoloxía de videochamada de Svisual para conectar ao usuario cun axente de atención ao cliente signante, facilitando a comunicación entre eles.

O servizo, que se puxo en marcha coincidindo co Día Internacional da Lingua de Signos, está dispoñible tanto en lingua de signos española como en lingua de signos catalá.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal