Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Demostración da aplicación informática de atención á diversidade.

Premiado na UDC un proxecto de tecnoloxía inclusiva impulsado dende o CITIC

Versión para impresiónSend by email
A Coruña, 16/09/21 (11:59)

Un proxecto tecnolóxico con vontade de inclusión social dirixido por persoal investigador do Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña vén de ser galardoado na segunda edición dos Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da UDC.

Trátase do proxecto TFG para o desenvolvemento de aplicacións informáticas de apoio á diversidade, dirixido polo subdirector do CITIC Javier Pereira Loureiro e os docentes da Facultade de Informática e persoal investigador do CITIC, Adriana Dapena Janeiro, Paula Castro Castro e Óscar Fresnedo Arias. En concreto, recibiron o segundo premio da modalidade Atención á Diversidade, dotado cunha contía de 400 euros.

O xurado dos premios, convocados polo Vicerreitorado de Internacionalización e Cooperación e o Vicerreitorado de Planificación Académica e Innovación Docente, fixo pública a listaxe definitiva de proxectos premiados o pasado 10 de setembro. En total, outorgáronse seis premios, dous por cada liña temática de participación: sustentabilidade, atención á diversidade e redución das desigualdades. Amais da contribución dos investigadores de CITIC, resultaron recoñecidas as seguintes propostas:

  • Economía con ciencia e conciencia: fomentando o desenvolvemento sostible, a cargo de Laura Varela Candamio (600 €).
  • Taller de reciclaxe e consumo responsable. María José Abad López e Ana Isabel Ares Pernas (400 €)
  • Práctica de curtametraxes de Ficción Audiovisual coa Asociación Down Coruña. Teresa Nozal Cantarero e Sandra Martínez Costa (600 €).
  • Historias de vida, territorio e vulnerabilidade. Cartografía emocional do dereito ao hábitat na cidade da Coruña. De Laura Cruz López (600 €).
  • Asesoría xurídica a familias, colectivos e persoas en risco de pobreza ou exclusión social. De Carmen Garcimartín Montero, Xosé Manuel Carril Vázquez e Rocío Quintáns Eiras (400 euros).

 

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal