Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel da iniciativa.

Indra e Fundación Universia lanzan unha convocatoria para proxectos de tecnoloxías accesibles para a inclusión de persoas con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 15/09/21 (12:18)

Indra e a Fundación Universia anunciaron este martes o lanzamento da 'VI Edición da Convocatoria de axudas a proxectos de investigación en Tecnoloxías Accesibles', cuxo obxectivo é impulsar o desenvolvemento de novas tecnoloxías para a inclusión de persoas con discapacidade.

VI Edición da Convocatoria de axudas a proxectos de investigación en Tecnoloxías Accesibles

Segundo indicou a compañía tecnolóxica, a convocatoria vai dirixida a grupos de investigación e centros e escolas de negocio adscritos a universidades españolas, que poderán recibir estas axudas para proxectos de investigación aplicada á creación de novas tecnoloxías accesibles.

Indra destacou que 'o fin desta iniciativa é crear unha sociedade máis inclusiva a través da tecnoloxía e, ademais, nesta edición, debido ao impacto da pandemia, quere prestar especial atención a proxectos que contribúan á saúde mental'.

Na nova convocatoria de axudas lanzada en colaboración coa Fundación Universia -que conta co respaldo do Banco Santander- poderán participar, como en edicións anteriores, grupos de investigación, centros e escolas de negocio adscritas a universidades públicas ou privadas españolas do sistema universitario español, presentando as súas candidaturas por vía telemática do 14 de setembro ata as 14.00 horas do 13 de outubro no portal de tecnoloxías accesibles de Indra.

Os proxectos deben estar dirixidos ao desenvolvemento de software, dispositivos, instrumentos ou equipos que poidan ser utilizados por persoas con discapacidade, co fin de facilitar a súa actividade e participación na sociedade, favorecer o seu acceso ao emprego ou apoiar as súas funcións ou estruturas físicas ou mentais.

Así mesmo, é 'requisito indispensable' que contemplen a colaboración con entidades especializadas no campo da discapacidade e, que o produto ou servizo proposto sexa gratuíto ou teña un custo reducido para os usuarios finais. Ademais, a solución debe ser 'open source', é dicir, utilizar un código de programación aberto, de forma que facilite a súa modificación e adaptación posterior.

As tres mellores propostas de innovación tecnolóxica, pertencentes a diferentes universidades, recibirán financiamento para desenvolver os seus proxectos, que deberán ter unha duración máxima de 12 meses.

Voluntarios expertos de Indra levarán a cabo unha primeira selección de proxectos finalistas, entre os que un xurado, formado por profesionais recoñecidos que traballan en ámbitos relacionados co mundo da discapacidade, elixirán as propostas gañadoras. Os criterios principais de avaliación dos proxectos son a súa adecuación técnica, responsabilidade e sustentabilidade económica; a aliñación estratéxica cos obxectivos da convocatoria e os de Indra; a innovación, excelencia tecnolóxica e eficiencia da solución proposta; e, por último, o impacto real, alcance e sustentabilidade.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal