Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Mans tecleando.

Ferrol forma á poboación migrante en tecnoloxías da información

Versión para impresiónSend by email
Ferrol, 24/03/21 (10:26)

O Concello de Ferrol iniciou esta semana un programa de obradoiros e tecnoloxías da información para romper barreiras de inclusión. Máis polo miúdo, trátase dunha axenda de actividades formativas para favorecer a integración do colectivo migrante da cidade. O programa Acompáñote na túa viaxe, que arrincou este 22 de marzo, vén da man da Concellería de Benestar Social que dirixe Eva Martínez Montero. Rematará no mes de xuño e desenvolverase en colaboración coa asociación Mobilidade Humana.

A iniciativa ten a súa orixe nunha enquisa desenvolvida pola entidade que guindou datos preocupantes sobre a importante fenda dixital que afecta ao colectivo migrante de Ferrol. Datos como o feito de que preto dun terzo desta persoas non teña computador, o que case a metade descoñeza o certificado dixital e as súas utilidades, ou que o 56 % non saiba solicitar cita online para o padrón.

A concelleira explicou que a estes datos súmase “o aumento da brecha dixital que quedou patente con motivo da pandemia, posto que agora moitos dos trámites que debemos facer na nosa vida diaria teñen que ser telemáticos”, polo que desde o Concello “consideramos importante ofrecer talleres para, por unha banda proporcionar formación en TIC, algo fundamental hoxe en día, e por outra, ofrecer asesoramento e tamén medios, como computadores e accesos Wi-Fi, para levar a cabo as súas propias xestións”. O programa comezou o luns, rematará o 22 de xuño e desenvolverase nas dependencias municipais da Casa Solidaria e en centros cívicos da cidade.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal